



Comezamos con actividades cheas de emoción , onde os nenos de todas as idades intercambiaron postais cheas de bos desexos.



E entón chegou o momento máxico, a chegada triunfal dos Reis Magos, quen cos seus risos e agasallos transportáronnos a un mundo cheo de soños e esperanza. 



Despois de saudarnos a todos con agarimo, os Reis Magos fixeron un percorrido polas aulas dos nenos de Educación Infantil e Primaria. As súas caras de asombro e felicidade lembráronnos por que a maxia da infancia é tan valiosa. 





Deixámosvos algunhas imaxes da xornada. Que teñades unhas moi FELICES FESTAS!!!