Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Open Day 1 febreiro.

Ven  coñecer o noso Centro o sábado 1 de Febreiro de 10:30 a 14:00 na Rúa Xián, 27296.
Estamos encantados de que vos interesedes polo noso Centro. Recibirémosvos con doces e café para facer máis amena a visita e, así, coñecernos persoalmente.
Haberá unha obra de teatro para nenos e nenas de 0 anos en diante, ás 12.00 . Tamén desenvolveremos un pequeno obradoiro de plástica dirixido a nenos e nenas de diferentes idades. Así mesmo, poderedes visitar unha exposición de xogos matemáticos e de robótica, poñendo a proba o voso enxeño.
Recibiravos o noso profesorado e estará á vosa disposición para informarvos e resolver calquera dúbida sobre o noso Centro, o Proxecto Educativo e os servizos de que dispoñemos.
Non se precisa inscrición. Aínda así agradecemos que nolo comuniquedes ao correo info@centrogalen.com ou no teléfono 982265205, para poder prestarvos unha atención máis personalizada.
Ven acompañada ou acompañado de quen creas que poida estar interesado.
Moitas grazas por interesarvos polo noso proxecto educativo..