Hello Hello!
Esta semana dende a Nursery School queremos mostrarvos unha das nosas actividades preferidas: os obradoiros! Con eles, aprendemos sobre, ciencia, emocións, natureza… Permítennos experimentar e aprender dende a práctica.
Os nenos e nenas da aula das Sereas comparten obradoiros con 1º de primaria xa dende comezo de curso, sen embargo as aulas dos Pulpos e as Medusas comezamos con eles este trimestre.
Cada ano, nos plantexamos qué obradoiros traballar en función dos grupos e das súas necesidades.
En 3ºEI e 1º primaria, contamos con tres obradoiros: emocións, onde a partir de varios contos como “Monstruo feliz, monstruo triste” ou “Respira”, aprendemos a identificar e representar as emocións, a practicar a empatía, etc. Actualmente estamos traballando co “ABC emociones”, no que xurden palabras relacionadas que nos axudan nesta labor. Tamén temos obradoiro de horto, no que plantamos sementes, identificamos os diferentes froitos, diferenciamos o que se come do que non, e, por suposto, aprendemos sobre os coidados do horto, a saber esperar, etc. Finalmente, no obradoiro de experimentos, convertémonos en científicos! facendo masa máxica, lámparas de lava e experimentando coa electricidade estática.
No caso de 1º e 2º de EI, temos dous obradoiros: un de emocións e outro de experimentación. No primeiro, axudamos a os nenos e nenas a identificar as distintas emocións, nomealas, para despois ir aprendendo a xestionalas, Todo isto, a través de contos, xogos e diversas actividades. Estas semanas, a partir do conto do “Monstruo de Cores” estivemos facendo un disccionario de emocións, clasificando imaxes correspondentes a cada emoción na súa cor.
Por outra parte, no obradoiro de experimentación, aprendemos sobre ciencia con experimentos, manipulamos diferentes texturas, empregamos diversos ingredientes, etc. Todo isto axúdanos no conteo, no razoamento, na concentración, … E o máis importante é o ben que o pasamos! No noso primeiro experimento inflamos un globo cunha botella, vinagre e bicarbonato! Só hai que reparar nas súas caras de emoción!
Nada máis por hoxe! See u next week!
Take care!