Hi everyone,
Como ben sabedes, os nenos e nenas de Terceiro de Infantil e Primeiro de Primaria xa comezamos os obradoiros dos luns. Ademáis do obradoiro de horto temos un de experimentación en inglés.
Como bos científicos que somos, primerio elaboramos hipóteses que máis tarde comprobamos levando os experimentos a cabo. Neste primeiro obradoiro estamos a investigar a flotabilidade de diferentes obxectos pero tamén imos a investigar moitas outras cousas ao longo deste primeiro trimestre coma reaccións químicas ou cambios de estado da materia. E todo isto o imos a facer con experimentos moi divertidos e en inglés!
Pero…sabedes por que é importante a experimentación na Educación Infantil e Primaria? A experimentación nestas etapas ten os seguientes beneficios:
- Fomenta o espíritu crítico á hora de cotexar os resultados.
- Impulsa o traballo en equipo e o respeto hacia as opinións dos demáis.
- Require a participación activa e involucración do estudiante en todo momento.
- Promove a reflexión tras a realización do experimento para obter conclusións.
- Ao traballar o pensamento diverxente, favorece e facilita a resolución de problemas aportando un número maior de posibles solucións.
See you soon 🙂