As nenas e nenos de 3º de EI e 1º EP comezamos, o luns pola tarde, os obradoiros de Horto e Experimentos.
O horto escolar é un recurso educativo que nos permite desenvolver unha aprendizaxe activa e cooperativa así como unhas actitudes de respecto e coidado que leven á conservación e mellora da contorna.
Cando utilizamos o horto, invernadoiro a poza, abordamos as tres dimensións do mesmo:
- Educar no medio: investigando e traballando directamente nesa contorna máis próxima.
- Educar sobre o medio: o horto é un sistema que hai que investigar no seu conxunto, tendo en conta os elementos que o conforman e as interaccións que se dan entre eles.
- E a educar a favor do medio: traballando unha serie de valores e actitudes necesarios para comportamentos máis respectuosos co medio ambiente.
Ao longo do curso iremos realizando unha serie de actividades que van dende a sementeira e recollida de tomates, ate observación e estudo dos animais que viven no noso horto así como as plantas.