Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

OBRADOIROS

Hello Families!

Esta semana queremos compartir con vós un dos momentos da semana que máis desfrutamos: os obradoiros.

Como sabedes, actualmente, temos tres obradoiros: cociña, horta e emocións.

En cociña, convertémonos en expertos cociñeiros facendo diferentes receitas, “cookies”, macedonia… Para elaboralas, nomeamos os ingredientes, numerámolos, contamos as cantidades que precisamos e, por suposto, degustámolas antes de empaquetalas.

 


Na horta, unha vez coñecemos o espacio, máis o invernadoiro e os utensilios que precisamos para traballar nel, comezamos a plantar. Estamos a facer uns semilleiros con legumes, onde cada neno e nena escolleu unha entre, lentellas, fabas e garavanzos; e outros con tomate Raf. A ver que sae!

 

Por último, no obradoiro de emocións, estamos a traballar a través do movemento e da dramatización cómo nos sentimos e cómo se reflexa no noso corpo. Para isto empregamos contos, música e diversos materiais.

Isto é todo polo momento.

Vémonos a semana que vén!

Have a nice weekend!

Anterior