Moi boas familias!
O pasado mes de xaneiro comezamos novos obradoiros, os luns pola tarde, cunha novidade importante: a asistencia dos “paxariños”, os nenos de 1º EI.
Así, neste trimestre traballaremos:
- Horto: Dámoslle continuidade a este obradoiro aproveitando o marabilloso entorno do que dispoñemos e a cantidade de cousas que aprendemos da natureza, os alimentos, etc. Deste xeito, os nenos/as aprenden de ónde saen os alimentos que posteriormente comemos, elaborando recetas con ingredientes cultivados por eles mesmos. So great!
- Obradoiro de cociña: é unha maneira de que experimenten e de que proben de forma divertida, á vez que traballan en equipo e se organizan para seguir os pasos das recetas, converténdose en auténticos chefs . Cooking is fun and yummy yummy!
- Masas: outra maneira de experimentación a través das distintas texturas que nos podemos atopar, fomentando todos os sentidos e a motricidade fina.
- Emocións: a través de contos, xogos, actividades plásticas… imos investigar diferentes maneiras de expresar e de canalizar as nosas emocións. Para iso, vainos axudar o noso amigo “Drilo”, un crocodilo que sabe moitas cancións. Very interesting!
Isto é todo polo momento,
We´ll keep in touch!
See u soon!