Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Obradoiro horto

Estos luns últimos, os nenos e nenas no obradoiro de horto estivemos recollendo e investigando sobre as follas das árbores de Galén.

Algunhas xa nos foron fáciles de identificar, as de castiñeiro e carballo, pero tamén observamos outras coma as de loureiro, pradairo, maceira, pereira, marmelo…

Tamén nos preguntamos por que algunhas árbores tiñan follas verdes e outras as tiñan amarelas ou marróns, e incluso había algunha que xa non as tiña.

Xa na aula estivemos  estudando as follas que recolleramos, que nome tiñan as distintas partes da folla, fíxonos moita graza a palabra: peciolo, pero tamén descubrimos o haz, o envés os nervos..

E por último clasificámolas, segundo a forma da base, ou o borde, ou o nervo central..

Foi moi interesante, e para que vexades deixámovos estas fotos.

Anterior

Seguinte