Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

O XANTAR

Chega a hora de…COMER!

Despois dunha longa xornada, imos xantar. Este ano como novidade, retomamos a volta ao comedor onde compartimos espazos co resto dos nenos e nenas do colexio.

O comedor é un momento que fomenta hábitos de vida saudable; non só aprendemos a importancia dunha boa alimentación, probando un pouquiño de todo, senón que ademais traballamos hábitos de hixiene e autonomía, recollendo os utensilios, limpando a mesa… e sobretodo compartindo un ratiño de conversa cos nosos compañeiros e compañeiras.

Lembrade que a partir de xaneiro, poderedes vir a comer un día connosco! ツ