Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

O primeiro ano de cole

O primeiro ano escolar é de gran importancia para os nenos e nenas. Supón una transición entre a vida estritamente familiar e o comezo da vida social. Pouco a pouco os pequenos e pequenas iranse despegando dos seus referentes familiares e iranse facendo máis independentes. Ao longo deste primeiro ano escolar irán entendendo que son seres únicos pero coma eles hai máis.

Chegado o momento de comezar esta aventura, debemos prestar especial atención ao período de adaptación,  o tempo que tardamos en adaptarnos a unha situación nova. Ten unha duración variable en función das experiencias anteriores, da personalidade de cada un… A incorporación dos nenos e nenas ao novo colexio produce unha serie de desaxustes nos hábitos e nas condutas que hai que integrar. Teñen que adaptarse a novos horarios, a novas rutinas, a novos espazos, a novos adultos, a novos compañeiros e iso ás veces, provoca maior irritabilidade, cansazo ou malestar que irá cedendo na  medida que os adultos que os acompañamos sexamos conscientes do que lles pasa e sexamos capaces de transmitirlles seguridade e confianza. O período de adaptación ímolo experimentar nenos e nenas, familias e profesionais.  Para as familias tamén supón un momento importante, ao principio custa ir soltando aos pequenos, sobre todo cando choran pero aos poucos entenderémolo como motivo de alegría. Debemos ter a seguridade de que os nenos e nenas estarán contentos e coidados no centro escolar e, sobre todo,  ter en conta que hai pequenos e pequenas que teñen a necesidade de separar dous mundos diferentes, un será o que aconteza na casa e, por outra ba enda, estará o colexio. Así, moitos, non contarán nada do que  ocorre no cole ata pasado certo tempo, e este é variable dependendo da súa personalidade.

Colaboración Nuria caparazónPor todo isto ten un especial interese o contacto da familia cos profesionais que atenden aos nenos e nenas. Manter unha comunicación fluída e constante coa titora ou titor serve para despexar dúbidas ou inquedanzas que poden alargar innecesariamente este período de adaptación.

Neste primeiro ano a base do traballo estará na socialización, no desenvolvemento da súa autonomía tanto física como de pensamento e en sentar as bases para a adquisición do coñecemento. O alumno como o motor da súa propia aprendizaxe e o xogo, a experimentación e a motivación como pezas indispensables. Os nenos e nenas irán pouco a pouco sentindo a necesidade de relacionarse cos seus iguais. Hai que ter en conta que os pequenos e pequenas atópanse en ocasións en etapas evolutivas moi deferentes. E isto, axuda a todos, aos que están máis evolucionados, e aos que non. Uns porque aprenden con maior facilidade dos iguais que están máis maduros e os que máis evolucionados están porque deben aprender estratexias para axudar aos demais. É moi común que ao principio do curso os pequenos xoguen uns ao lado doutros pero non se relacionen de ningunha maneira. Así, segundo avanza o tempo irán empezando as primeiras relacións cos iguais.

A autonomía tamén xoga un papel fundamental nesta idade, cando eles e elas se ven capaces de facer moitas cousas séntense moito máis seguros e abertos a máis e máis aprendizaxes, neste aspecto tamén os compañeiros e compañeiras teñen gran relevancia. Moitos das aprendizaxes dos nenos e nenas son máis significativos e moito máis fáciles se os aprenden ou llos ensina un igual.

 

Educación Infantil Colegio Centro GalenPouco a pouco vanse segmentando os movementos corporais e facéndose máis harmónicos. Pasamos case sen darnos conta dos grandes garabatos con pinceis gordos ás ceras e das ceras aos lapis. As creacións plásticas son unha vía de comunicación dos intereses e dos gustos persoais. Pasamos de xogar uns a carón dos outros, a crear xogos simbólicos elaborados. De precisar axuda para ir ao baño a ir de forma autónoma. Aprendemos as primeiras letras, as primeiras palabras escritas e o valor da escritura como medio de comunicación e como fonte de pracer a través dos contos. Expresámonos con máis soltura e somos máis capaces de escoitar. Imos pouco a pouco avanzando na atención e na espera e descubrindo o mundo a través das súas manifestacións físicas, culturais e sociais. Avanzamos.

 

Carmen Gómez Sanmartín

Profesora de Ed. Infantil

Guardar