Un dos beneficios de estar nun ambiente cheo de natureza é que nos permite en tan só uns pasos, estar inmerso nun bosque cheo de mundos por explorar.
Experimentan, estimulan os sentidos, descubren, espertan as súas gañas de aprender e explorar a través do xogo, fomentan a súa autonomía, creatividade, avanzan na adquisición de habilidades motoras… e como non, aprenden a valorar a importancia da conservación da contorna.
“En cada paseo pola natureza, un recibe moito máis do que andaba a buscar”