Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

MINI LONDON

Hi families,

na clase de segundo e terceiro de Infantil, comezamos o curso cunha novidade: a creación dun rincón de xogo en inglés!

Decidimos investigar un pouco sobre a cultura inglesa centrándonos na figura dos “beefeaters”, uns gardiáns de apariencia moi divertida que se encargan da seguridade da Raíña de Inglaterra, entre outras moitas cousas. A través desta figura, recorremos as rúas de Londres nun ” double-decked bus” facendo paradas nalgúns edificios emblemáticos coma o Big Ben ou as típicas “phone boxes” vermellas.

E todo isto foi o que levamos ao noso rincón de xogo! Despois de tomarnos unhas fotos, pintar corchos, ler contos, facer o cambio de garda coma eles…establecemos un mini London na aula cuns guapísimos gardiáns que se adicaron a protexer e investigar a cidade dunha forma moi divertida!

collage1

collage2

See you soon 🙂