Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Mascots’ adventures across Europe. eTwinning. 3rd MARCH

Hi everyone,

despois de algo máis dun mes recibindo a Molie nas vosas casas, aquí tedes o vídeo resumo de todas as cousiñas que fixestes xuntos. Qué sorte están a ter as mascotas coas familias de segundo de Primaria!

Os nenos e nenas de segundo están cheos de talento xa que, como veredes no vídeo, saben facer cousas moi diferentes súper ben: técnicas de iudo e karate, receitas que nin as de Jessica Préalpato (World’s Best Pastry Chef 2019) e os máis incribles xogos!

Unha vez máis, moitísimas grazas polo voso esforzo, dedicación e colaboración. Sen vós, este proxecto non sería posible!

Molie xa marchou cara Grecia, o seu próximo destino, e a seguinte mascota xa está on its way to Galén. We are so excited 🙂 Compartiremos o calendario de visita tan pronto como chegue a mascota para facilitar a vosa participación neste proxecto internacional.

See you soon 🙂

 

Queridas familias,

hoxe compartimos con vós o vídeo que recolle e resume as vivencias de Ladybird en Lugo. Foron moitas as cousas que fixemos xuntos: dende festexar o Magosto ata as aventuras que aconteceron nas vosas casas: elaboración de mosto, xogos de piratas, sesións de cociña…quén fora Ladybird!

Ademais, aproveitamos para contarvos que Mollie, a toupiña da República Checa, xa chegou dende Grecia para quedarse con nós unhas semaniñas. Logo, comezaremos hoxe mesmo a desfrutar da súa compaña nas nosas casas 🙂

Enjoy!

See you soon 🙂

Hi again,

hoxe vos escribimos para contarvos as novidades do noso proxecto “Mascots’ adventures across Europe”. Como ben sabedes, xa temos mascota: Pulpi :). Pero…non soamente somos nós os que a temos, os nosos partners tamén fixeron fotos e nos presentaron as súas mascotas que, por certo, son súper lindas.

Etwinning partners 201920

Ademáis disto, fixemos un vídeo de presentación que subimos á plataforma eTwinning para que os nosos compas saiban un chisquiño de nós e das cousas que máis nos gustan.

Agardamos que este vídeo e fotos os gusten tanto como a nós. Xa pronto será o voso turno de poñervos detrás da cámara. O intercambio comeza a mediados de outubro, logo agardamos que a primeira mascota chegue a Galén a comezos de novembro. Can’t wait…and you?

See you soon 🙂

Ola familias,

coma xa levamos facendo uns anos en segundo de Primaria, damos comezo ao noso intercambio de mascotas. Este ano, intercambiaremos a Pulpi, un polbiño moi salado, con escolas de Grecia, Polonia, Turquía, Georgia e a República Checa. Estamos desexando coñecelos a todos e todas!

Xa escollimos a nosa mascota e preparamos o seu pasaporte. Agora pasará uns días con nós no cole e, a mediados de outubro, faremos o primeiro intercambio. Pulpi irá visitar aos nenos e nenas da República Checa pero… quen nos virá visitar a nós? Soooorpresa 🙂

Polo de agora, queremos compartir convosco esta foto para que coñezades a Pulpi e tamén contarvos o porqué deste proxecto.

Os obxectivos que queremos acadar co proxecto eTwinning “Mascots’ adventures across Europe” son os seguintes:

  • Empregar as novas tecnoloxías como medio de comunicación.
  • Promocionar habilidades escritas e orais na lingua estranxeira: inglés.
  • Fomentar as habilidades orais do noso alumnado a través da escoita a iguais participando e visualizando videos así como tamén durante sesións de video chamada.
  • Ser capaces de falar sobre nós mismos empregando a lingua inglesa, tanto a nivel oral coma escrito.
  • Coñecer diferentes ferramentas de edición de vídeo e fotografía.
  • Coñecer e respectar a nosa cultura e a cultura dos demáis.
  • Facer visible a necesidade de coñecer una lingua estranxeira nun contexto lingüístico real.
  • Gozar da aprendizaxe da lingua inglesa.

A que este proxecto pinta moi ben? How exciting!!

See you soon 🙂