Hoxe 21 de decembro en Galén disfrutamos da mañá máis especial do ano. Chegan os Reis Magos!! A primeira hora da mañá conectamos en directo co aeródromo de Rozas, alí estaba Raúl para recibir ás súas maxestades. Non se fixeron esperar!
Unha vez tomaron terra decidiron continuar o percorrido a pé, é bo estirar as pernas. Se atoparon cun guía de excepción, o Apalpador, que lles axudou a chegar ata a nosa porta:
…. viñeron!!!! estiveron no cole!!! Aproveitaron que estabamos desfrutando do chocolate con churros para visitar as nosas aulas e como non!!!! Deixarnos os nosos agasallos!!!
Estamos a pasalo xenial, un Nadal distinto, pero non por iso con menos ilusión e emoción!!! Felices festas a tod@s familia!!!!!