Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

MAIOS 2019

O pasado xoves 16 de maio tivo lugar un ano máis a festa dos maios. Nesta festa tan floral e colorida puidemos gozar ademais dun festival musical protagonizado polo alumnado de Educación Infantil, Primaria e 1º e 2º da ESO. Danzas de aros, paos, fitas e incluso un maio criticón no que puidemos escoitar dende un punto de vista humorístico e divertido a opinión do alumnado sobre algunhas cousiñas no referente ao cole.
Foi un gran día aínda que pasado por auga.