Hoxe en Galén celebramos a nosa festa dos Maios. Disfrutamos dunha tarde chea de música, baile e diversión ao redor do noso maio cónico, unha fermosa pirámide vexetal que engalanamos todos os anos con xestas, fiunchos e fientos coloreados de frores silvestres e, como marca a tradición, con guirnaldas de ovos e laranxas.
Nos acompañou o bo tempo e, como podedes ver nas imaxes, estabamos todos e todas guapísimos!