Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Maio en redes e xogos populares, xornada festiva. Míranos.

En Galén sempre poñemos en valor o privilexiado contorno que nos rodea. Nestas datas a chegada da primavera, coas súas cores e recendos, convídanos a vivir unha xornada especial, a nosa festa dos maios.
Este ano presentábase atípico e complexo e iamos parar? Nooon, para que están as tecnoloxías? Para unirnos e durante a semana preparamos todo na casa: as flores, o baile, a ilusión e a creatividade e bo facer dos nenos e nenas, mozos e mozas, fixo posible que o día fose especial e inesquecible. Eses rapaces e rapazas que están sendo exemplo e que nos amosan que a súa ilusión, fantasía e ansias de medrar non entenden de barreiras.
Todos os anos no cole, ademais de bailar ao  maio, o alumnado de  4º ESO facía  participar a todo o alumnado nos seus xogos populares; en  presenza no patio do cole, este ano en diferentes videoconferencias con todos os grupos de 3 anos a 2º ESO. A diversión e os risos foron as protagonistas destes xogos un ano máis.
Logo chegaría o momento de cantar e bailar e foi o noso “Maio en rede” quen puxo son a unha xornada sensacional.
Agora queremos compartir con vós este “Maio en rede”, un canto á harmonía coa natureza.