Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

LECCIÓN DE ANATOMÍA

O venres foi un día moi especial para os nenos e nenas de 2º de EP,  tivemos unha mestra e un mestres excepcionais, Belén e Miguel, a nai e o pai de Lucas!! Saben tanto de como somos, de como funciona o noso corpo que non dubidaron en compartilo con nós.

Como non podía ser menos, vestímonos con batas, luvas e máscaras protectoras e puxémonos mans a obra. Vimos como eran os pulmóns e o corazón, as súas funcións o seu tacto, tamén fixemos inspiracións e expiracións cun pequeno moneco, foi apaixonante!.  E que dicirvos dos osos e músculos que nos permiten movernos e expresarnos? explicábanos Belén que eramos parecidos aos Legos, todo tiña que estar ben colocadiño para que funcionase.

GALERÍA FOTOGRÁFICA

Xa vedes que aprendemos moito, que tocamos, sentimos e o vivimos intensamente.

Grazas Belén,  grazas Miguel, agardamos que vós tamén gozarades  e, por suposto, estades convidados a vir cando o desexedes, sodes estupendos.

 

LECCIÓN DE ANATOMÍA