Ola familias,
os nenos e nenas de Primeiro de Primaria estamos a aprender a ler e escribir en inglés cun método super chulo! Jolly Phonics!
Este método consta de 42 sons básicos que se acompañan dun movemento característico para aprender dunha forma activa, dinámica e moi lúdica!
De momento, presentámosvos un video introductorio cos primeiros sons traballados na aula. Sons iguais ou moi similares ós da nosa lingua materna para facer que os nosos nenos e nenas se sintan motivados e seguros nesta primeira etapa. Estes sons iranse complicando pouquiño a pouquiño e dende Galén irémosvos ensinando o ben que o facemos!
See you soon 🙂