Hoxe, o alumnado de 2º e 3º ESO, gozou dunha visita á praia das Catedrais para observar o tipo de relevo mariño, que de xeito tan especial, presenta esta parte da Mariña Lucense e que na actualidade é un Monumento Natural Protexido.
Santi revelounos os procesos erosivos que escaban nas paredes dos cantís con formas tan impresionantes.
Tamén realizamos un itinerario ata Rinlo para ver os cambios que vai realizando a costa debido á diferente disposición das rochas.
Houbo tempo para escoitar, aprender e observar, así como para rir, falar e compartir.