Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Intercambio Francia 2018

O Intercambio con París vén de longo, once anos xa. Este ano xa gozamos da primeira parte: a nosa visita a París non mes de abril foi moi satisfactoria. A cidade gustoulle moito ao noso alumnado de 4º de ESO pero destacou, coma sempre, a boa sintonía cos seus correspondentes, rapaces e rapazas da mesma idade e con moitas ganas de pasalo ben.
Visitamos París nun amplo percorrido por Notre Dáme de París, Le Quartier Latin, A Tour Eiffel, Les Champs Elysés, Montmartre, L´Opéra, Le Marais, etc.
O noso alumnado, en xeral, decatouse do bo nivel de francés que adquiriron durante estes anos, dende 3º de Educación Primaria, e sentíronse moi cómodos coas familias.
Están agardando con impaciencia exercer de anfitrións en Galicia, visitaremos Lugo pero tamén Ourense e as Termas de Outariz, A Coruña e o seu faro emblemático, Santiago de Compostela e ou seu camiño. Xa queda pouco.

29790075_1008954912588232_5277051433769796585_n