Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Intercambio Dinamarca 2019

O pasado  30 de marzo, o grupo de 1º BAC saíu cara a Dinamarca para gozar, un ano máis, do intercambio en inglés.
A primeira parte do intercambio transcorre no instituto de Skive . Aquí, os alumnos/as viven coas súas familias e asisten cos seus correspondentes anfitrións ao instituto, onde organizan diferentes actividades, talleres, deportes e excursións nas que a lingua vehicular é o inglés. Visitamos a cidade universitaria de Arhus e dous museos: Moesgaard e Aros. E durante o fin de semana, gozamos tamén dunha cea de despedida e dalgunha pequena excursión coas familias.
O sábado 6 de abril, logo dunha calorosa despedida na estación, saímos cara a Copenhague, segunda parte do intercambio. Aquí  hospedámonos  nun hotel e visitamos os lugares máis emblemáticos da cidade como a serea, o porto vello, o palacio Real, a igrexa de mármore, o museo nacional, o museo do deseño, a torre redonda, un paseo en barco etc…
Finalmente, o martes 9 regresamos a Lugo coa sensación de vivir, como sempre, unha marabillosa e inolvidable  experiencia. Agora agardamos con emoción a segunda parte do intercambio, a visita a Lugo dos nosos anfitrións  o vindeiro  mes de setembro.

WhatsApp Image 2019-04-03 at 10.14.05 (1)

Anterior

Seguinte