O xoves 4 foi o día en que elaboramos o menú para todo o colexio.
Foi un día de moito traballo pero moi divertido.
As semanas anteriores trouxemos receitas e escollemos cales facer. Para escollelas non só tiñamos que ter en conta os nosos gustos senón tamén que fose un menú equilibrado. Tiña que ter de todo: verdura, hidratos, proteínas… A demais non podía ser moi complicado de facer pois tiñamos que dar de comer a moita xente.
A base dun dos nosos pratos eran as patacas e os repolos, xa que foi o que plantamos o curso pasado e collemos este curso na horta do colexio.
Temos que dicir que foi todo un éxito, todos nos felicitaron. Non podían crer que unhas patacas e repolos puideran estar tan boas! A sobremesa que nos inventamos, “tarta de Don Marcos” case non nos chega xa que non paraban de repetir.
A continuación podedes ver como traballamos na elaboración de tan exquisito menú!