Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

HORTO

Ola de novo familias,

as nenas e nenos de terceiro de Infantil e de primeiro de Primaria, ademais de participar nos obradoiros de experimentos, estamos indo ao horto!!

A primeira tarde que pasamos no horto, adicámola a regar os tomates; aínda que non tivemos moita sorte e non puidemos recoller ningún. Que mágoa! 🙁

PicMonkey Collage

Tamén fomos á poza, en silencio e case sen movernos, para observar as ras e os insectos que andaban por alí. E mesmo estivemos a piques de coller algunha!

IMG-20161010-WA0017

DSC_1226

E como chegou o outono, estivemos observando como as follas ían cambiando de cor: amarelo, vermello, marrón…e tivemos ocasión de obervar a forma que tiñan, as diferenzas dos seus bordes, como ulían…mmmm que ben ulía o loureiro! E que suaves eran as follas de marmelo! Acariciamos as nosas cariñas con elas máis dunha vez! Qué gozada!

PicMonkey Collage (1)

PicMonkey Collage (2)