Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

HALLOWEEN IN GALÉN NURSERY SCHOOL

Hi everyone!!

Despois dun mes de Outubro no que os nenos e nenas de Galén Nursery School estivemos traballando moito neste spooky proxecto, por fin chegou o momento que máis nos gusta! A festa de Halloween 🙂

Queredes saber cómo o celebramos?

O luns 30 de Outubro fixemos un taller de cabazas pola tarde coas nosas familias. Que ben o pasamos! E que cabazas tan terroríficamente divertidas.

jack-o 1

jack-o2

jack-o3

jack-o4

 

jack-o5

Pero non pensedes que todo remata aquí. Ao día seguinte, o propio día de Halloween, foi un día cheo de sorpresas. O comedor estaba scarily decorated! E non só iso! Macu, Cris e Edgar prepararon un menú súper especial. Bloody soup de entrante, Victims´eyes de prato principal e Worms in jelly de sobremesa. Que rico estaba todo!

Ao rematar o xantar, fomos enfeitarnos unha miguiña para celebrar o noso festival, onde actuamos para os nosos compañeiros e compañeiras. A clase dos Peixes interpretou a canción “Peek-a-boo” para a clase dos Lobos e os lobos cantaron “Who took the candy?” para os peixes. Que ben o fixemos e sobre todo que ben o pasamos!!!

Cando o show rematou,  fixemos o “Trick or treat?” e xogamos a xogos tracionais típicos desta divertida festividade anglosaxona. Bobbing for apples foi total!

party2

party1

Seguro que vos estades a preguntar… e o video? Onde podemos ver aos nosos pequerrechos e pequerrechas actuando? Aquí tendes o video!

Enjoy!

 

See you very soon 🙂