Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

GALICIENCIA “Premio ao Proxecto coa mellor aplicación do Método Científico”

Galiciencia

Premio ao Proxecto coa mellor aplicación do Método Científico

Alba Bueno e David Souto, alumna e alumno de Cultura Científica de 1º de BAC de Galén e en representación de seus compañeiros levaron este Premio en Galiciencia. Levan todo o ano investigando na extracción de D-Limoneno da cáscara de cítricos. Mediante unha destilación de arrastre con vapor conseguiron extraer o aceite esencial de laranxas. O D- Limoneno é un terpeno que ten unas forzas de cohesión similares ao poliestireno expandido. Eso facilitou a disolución dun produto moi pouco biodegradable nese aceite esencial. Con iso obtivemos unha especie de resina que serve para recubrimento de madeira, pero fomos máis aló e empezaron a investigar con outros disolventes para ver como podían mellorar as propiedades desa disolución, Despois de moito tempo facendo ensayos, conseguiron con alcohol etílico un bioadhesivo con boas propiedades para a pegar madeira. Viron tamén que o alcohol etílico sobrante podía empregarse para sucesivas mostras.

Seguiremos investigando para mellorar sobre todo a eficacia do proceso de destilación

Seguinte