Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Galén Nursery School….Xa estamos aqui!!!

Xa hai unhas semanas que iniciamos o cole e a nosa Galén Nursery School con moitas enerxías e algunha que outra novidade máis…..están a ser días moi intensos e non tivemos nin un segundiño para pasarnos por aqui e contárvolo. Aló imos!!!

Iniciamos as aulas aló polo 8 de setembro con moitas ganas de reencontrarnos coas amigas e amigos, coas nosas profes e coa ilusión de empezar un novo curso e sentíndonos orgullosas de ser maiores e cambiar de aula. Ademais este curso temos tres novas incorporacións ás que axudaremos a sentirse pronto como na súa casa…As expectativas cumplíronse na maioría dos casos e agora estamos iniciando nas aulas as novas rutinas, responsabilidades e incluso algún proxecto está nacendo xa….en 2º e 3º de Infantil, con Catuxa e Selene, somos a Clase dos Planetas (sssshhhh, é un segredo)

Damos a benvida tamén a un novo grupo de nenas e nenos en 1ºEi, con Carmen e con Ana e lles intentamos axudar o máis posible neste periodo tan importante como é o Período de Adaptación. Dende aqui queremos tamén saudar ás novas familias e agradecerlles unha vez máis a súa confianza depositada en Galén para que as acompañemos na aventura de medrar xunto aos seus fillos e fillas.Grazas!

Por outra banda recordarvos que a través deste espazo intentaremos facervos partícipes do que acontece nas aulas de Galén Nursery School e que vexades o noso día a día, os proxectos, festas, saídas….en fin…as nosas aventuras neste curso que agora comezamos con moita ilusión.

Aqui vos deixamos as imaxes dos momentos destes días intensos:

Reencontros, xogo na natureza, xogos de aula, contos…

colage3

collage1

colage2

collage4

Iniciamos as rutinas de poñer e sacar as zapatillas para estar na aula e as botas para ir ao bosque……

collage5

collage6

Os máis pequechos imos coñecendo e integrando espazos e cada día nos sentimos un chisco máis seguros grazas á compaña das nosas profes que sempre están cos seus bicos, colos e apertas dispoñibles.
In the playground 1
In the playground 2
In the playground 3
In the playground 4
Playing in class 1
Playing in class 2
Playing in class 3
Playing in class 5

E tamén temos tempo para o descanso. Como presta a sestiñaaaaa!!

ZzZZiezZta
ZzZiezZta

Así recuperamos forzas para continuar a intensa xornada…..cantas emocións levamos vividas xa en tan pouco tempo non si?? E as familias novas tamén verdade??? Estamos a facelo moi ben, en equipo e con moita moita ilusión a que si familias???

Esta é unha pequena mostra deste inicio de curso en Galén Nursery School e seguirémosvos contando nuns días.
See You Son!!!