O alumnado de 1º e 3º ESO do Centro Educativo Galén fixo este venres, 15 de xuño, un estudo do Lugo romano polo centro da cidade usando a aplicación Actionbound. Foron en grupos e coa axuda do teléfono móbil fixeron un percorrido por algún dos restos romanos da cidade iniciando a rota no monumento conmemorativo da fundación de Lucus Augusti.
Visitaron os restos dun templo romano, da piscina, a casa dos mosaicos e o acueduto entre outros. Tamén percorreron un tramo polo adarve da muralla desde a Porta Falsa a Campo Castelo. O percorrido finalizou no monumento ao bimilenario da cidade de Lugo en Santo Domingo.
Entre as actividades que tiveron que realizar estiveron a resposta a preguntas da aplicación, gravación de vídeos ou elaboración de pequenos textos. A actividade durou toda a mañá e englobou coñecementos das áreas de ciencias sociais e de lingua galega.
Esta actividade será pública e poderá ser feita por todas as persoas que o desexen para o que terán que descargar no seu móbil a aplicación Actionbound e escribir: Galén no Lugo romano no buscador.
Así foi en La Voz de Galicia
Así en El Progreso