Hi everyone!
aquí está o vídeo coas actividades que fixemos no noso proxecto STEAM neste mes de Novembro. Enjoy 🙂
Ola familias,
hoxe queremos compartir convosco as novidades do noso proxecto STEM. No pasado mes de outubro, fixemos diferentes actividades relacionadas con Halloween.
S (Science). Para facer este experimento, só precisamos unha botella, un globo, vinagre e bicarbonato. Queredes ver o que pasou? 😉
T (Technology). Nesta actividade, empregamos as nosas Beebots e fixemos recorridos ata a personaxe de Halloween que máis nos gustou: skeleton, ghost… Ademáis de traballar vocabulario de Halloween, estabamos traballando tamén programación e habilidades relacionadas coa lóxica matemática. Todo isto nunha soa actividade!
E (Engineering). Empregando uns escarvadentes e unhas lambetadas, construímos varias spider webs.
M (Maths) Para rematar, empregamos a White Interactive Board para xogar ao seguinte computer game. Podedes volver a xogar na casa, clicando no link que vos deixamos aquí abaixo.
https://www.mathplayground.com/math_monster_addition.html
Xunto con todas estas actividades, tamén incluímos a asignatura Arts and Crafts neste proxecto facendo unhas spooky lamps. Canto máis relacionados esteñan os nosos aprendizaxes, máis aprenderemos!
See you soon 🙂
Hi everyone,
como novidade este curso, na hora adicada a matemáticas en inglés levaremos a cabo un proxecto de STEM. As siglas STEM significan ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas en inglés (Science, Technology, Engineering and Mathematics).
Durante a duración deste proxecto, que será anual, vannos acompañar alumnos e alumnas de diferentes países: Grecia, Eslovenia e Polonia. Con eles colaboraremos e compartiremos as distintas actividades que levemos a cabo dentro no noso proxecto “Little Einsteins-Fun with STEM”.
A través desta páxina irémosvos poñendo ao corrente das novas que vayan surxindo. Adxuntaremos fotos e videos nosos e dos nosos compis europeos. Para comenzar, presentarémonos e cantaremos una canción que nos transformará en verdadeiros scientists 🙂
How exciting!
See you soon.