Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Fortaleza San Paio de Narla

Fai uns días os nenos e nenas de Infantil visitamos a Fortaleza de San Paio de Narla como actividade dentro das Xornadas da Cultura que este ano adicamos nas nosas aulas a coñecer a figura de “Don Quijote” e as súas aventuras.  Así que quixemos coñecer un chisco a vida nos castelos, aos cabaleiros e outras personaxes que aparecen nas súas  historias e que xa limos na hora do conto ao longo destes días.

Foi unha mañá moi especial chea de sorpresas. Paquita recobiunos coma sempre con moita ilusión e  amosounos toda a fortaleza, contándonos  curiosidades e lendas que ocorreron dentro desas paredes.

Chegada

É coma un castelo dos contos, ten moitas cousas de hai moitos anos que nos chamaron a atención e manteñen camas, berces, cadeiras moi elegante…… de cando alí vivían os protagonistas da historia.

carro e zocas

as habitaciósAo logo da visita foron aparecendo algunhas personaxes que nos deron algún que outro susto e que nos contaron as súas vivencias.Vimos á raiña, unha bruxa boa, un cabaleiro e ate un rei que nos convidou a almorzar as rosquillas que preparara a meiga do castelo.

Aparición da raiñaCabaleiro

A cociña e a bruxa

 

o rei e as rosquillas

E para rematar a visita Paquita tiña preparada a última sorpresa para nós. Subimos á Torre e puidemos gozar das vistas tan marabillosas!!
¿Que vos parece? A que vos apetece ir despois de todo o que vos contamos???

a Torre

Xa estamos a rematar o curso e quedannos unhas semanas moi intensas e cheas de sorpersas. Así que xa vos iremos contando!!

Bicos mil!!!

Anterior

Seguinte