Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

FIXEMOS O NOSO PROGRAMA DE RADIO

As alumnas e alumnos de 4º de Educación Primaria, realizamos un programa de radio con formato de informativo para o que elaboramos “noticias”, unhas inventadas e outras reais, informacións curiosas, recomendacións de películas e libros, deportes…

Este ano contamos coa colaboración do presidente da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo e de varios alumnos e alumnas de 1º de Bac do cole, que nos concederon unhas interesantes entrevistas.

Este traballo realizámolo en colaboración coas distintas áreas de linguas que estudamos no cole: castelán, galego, inglés e francés.

O xoves 3 de marzo fomos gravalo a Onda Cero e o martes 8 de marzo ás 13: 00  emitiuse en (Onda Cero Lugo 94,9 FM).

Esperamos que vos guste. Nós pasámolo xenial facéndoo. Descárgao aquí.

radio 2 radio 4  radio 1