Ola familias,
hoxe queremosvos ensinar un pouquiño do que acontece nas nosas aulas durante as clases de inglés.
Os nenos e nenas de Primeiro de Primaria estiveron traballando nun proxecto sobre a comida. Con este proxecto aprenderon vocabulario relacionado con diferentes alimentos básicos coma chicken ou rice, coas froitas e os ingredientes principais dun típico almorzo inglés. Ademáis, tamén traballaron diferentes expresións para expresar os seus gustos coma I like, I don´t like ou I love.
Como veredes no video, os nosos alumnos son protagonistas da súa aprendizaxe. Unha parendizaxe global xa que vai máis aló do horario das clases de inglés. Traballamos a comida tamén a través do menú do cole e facendo actividades moi chulas e motivantes para eles, coma a elaboración dun “English breakfast” para que a súa aprendizaxe sexa máis significativa e aprendan gozando a través do xogo e actividades dinámicas. Asimesmo empregamos a pizarra dixital interactiva, unha ferramenta indispensable na actualidade xa que os nosos alumnos e alumnas son nativos dixitais. Con ela escribimos, cantamos e xogamos. A través de todas estas actividades e coa axuda do método Jolly Phonics traballamos as catro competencias básicas do inglés: comprensión lectora ou reading, expresión escrita ou writing, comprensión oral ou listening e expresión oral ou speaking. Estas catro habilidades son tratadas na aula dunha maneira equilibrada e de múltiples formas entre as que se inclúen actividades orientadas cara aos exames de Cambridge coma a que podedes ver no fragmento do video en que Sabela escoita unha grabación e marca a opción correcta.
Agardamos que vos guste tanto coma a eles 🙂