A experimentación científica ten un importante oco no proxecto educativo do centro Galén impregnando as programacións de aula.As nenas e nenos son observadores natos, aprenden e descobren o mundo observándoo. O aprendizaxe do método científico ensinaralles a formular e solucionar problemas, analizar situacións, sistematizar, empregar a lóxica para dar valor ós méritos dunha investigación, en definitiva para descubrir a realidade que os rodea libres de ideas preconcibidas ou pareceres. O método científico é o responsable directo dos avances que se han producido na nosa sociedade.
Hoxe o alumnado de 4º de EP achéganse o método científico experimental,logo de observar de primeira man o xeito no que se articulan as súas propias mans. Asimilando o paralelismo entre as diferentes extremidades dos vertebrados xurde a idea de realizaro estudo dunha pata de polo como experiencia que nos permita afondar no coñecemento do noso propio aparello locomotor.
Ese conxunto de coñecementosabstractoscobran sentido ao ver, palpar e sentir o movemento e como os distintos elementos que integran o aparello locomotor, se interralacionan e funcionan xuntos. Osos, músculos, tendóns, analízanse e estúdanse para establecer as relación entre eles.
A actividade tivo lugar seguindo a metodoloxía experimental científica:
Despois de ter visto como as nosas propias mans eran capaces de facer un gran abano de movementos, dos máis toscos os mais precisos, quixemos saber como se orixinaban e que función tiñan os diferentes elementos que conforman as nosas mans. Tendo en conta que como vertebrados, existe un paralelismo entre as nosas mans e as patas dun polo decidimos afondar no estudo destas últimas.
A nosa hipótese:
No aparello locomotor dunha pata de polo interveñen, osos, músculos e tendóns para facer o movemento.
Na fase de experimentación realizamos unha observación externa:
Palpamos e miramos as patas e puidemos constar que había partes duras e partes brandas, o remate do oso que fará o xogo da articulación, a saídas de venas e arterias, os cartilaxes…, tomando nota das observacións realizadas e facendo os debuxos correspondentes nas follas de observación.
Na fase de observación interna:
Co axuda dun bisturí escolar realizamos unha incisión lonxitudinal e separamos a pel. Observando perfectamente, osos, músculos, graxa, tendóns…tomando nota das observacións realizadas e facendo os debuxos correspondentes nas follas de observación.
Por último fomos tirando polos deferentes tendóns e vendo e anotando os movementos que se orixinaban.
Logo, aplicando o aprendido deseñamos uns modelos de mans articuladas que chámanos mans robóticas. Empregando materiais e técnicas diferentes.
A conclusión:
A hipóteses inicial era correcta, xa que os distintos compoñentes do aparello locomotor dunha pata de polo, traballan xuntos e son necesarios para realizar os deferentes movementos.