Ola familias,
o noso proxecto internacional está chegando á sua fin pois, como seguro que sabedes, Peter Rabbit xa voltou da súa viaxe por Europa. Durante estes días que nos quedan de Maio e Xuño levarémolo connosco soamente unha noite e así pecharemos o noso proxecto.
Mentres tanto, queremos compartir convosco as aventuras de Kipri, a mascota de Turquía, en Lugo.
See you soon 🙂
Hi everyone,
despois de pasar unhos días marabillosos con Owl, a mascota de Grecia, querémosvos ensinar o vídeo con todas as vosas fotos e clips.
Que teñas boa viaxe, Owl! Ímoste a botar moito en falta!
Queridas familias,
Despois de pasar case dous meses connosco investigando a nosa terra e cultura, Bibi o marsupilami ten que continuar coa súa viaxe ao longo de Europa. A súa seguinte parada será Turquía.
Queredes ver que ben o pasamos xuntos?
Agora xa só queda agradar ao noso seguinte convidado. Quen será? De onde virá? Que emoción 🙂
See you soon.
Hi everyone!
Hoxe queremos compartir unha moi boa nova convosco. O noso centro foi galardonado co Sello de Calidade Europea polo traballo realizado o ano pasado no noso proxecto internacional “Travelling mascots. Looking for a family all over Europe”.
Este sello recolle e recoñoce o noso esforzo e traballo, o dos nenos e nenas que participaron o ano pasado e sitúa ao noso centro entre os de mellor calidade a nivel europeo. Ademáis, o noso proxecto aparecerá no portal europeo eTwinning para servir como exemplo a outros mestres e que se están a iniciar nesta actividade ou que buscan inspiración.
Dende Centro Educativo Galén queremos agradecer a todos os nenos e nenas que participaron no proxecto “Travelling mascots. looking for a family all over Europe” e as súas familias polo esforzo, tempo e colaboración así como animar ás novas familias que están participando este ano para que, todo xuntos, consigamos ser de novo proxecto e centro de calidade europea o ano que ven cando o noso proxecto finalice.
See you soon
Ola de novo etwinners,
os nenos e nenas de Segundo de Primaria estivemos a traballar moito no noso proxecto internacional dende o último post! Por iso, queremos compartir convosco todas as novidades.
O primeiro que vos queremos contar é que xa decidimos que mascotas van viaxar. Cal é a mascota que vai ser a “goodie” e cal vai ser a “baddie”. Peter Rabbit será o detective “goodie” que vai viaxar polos diferentes países de Europa. Banilla Gorilla, que roubou o noso coñecido Museo Provincial é unha das súas pezas esenciais: o torques, quedará aquí xunto cun grupo de amigos peluchiños.
O próximo mes de Novembro, Peter Rabbit viaxará a Turquía e nós recibiremos á mascota de Francia. É un marsupilami que se chama Bibi e que vén de Lyon. Quedarase durante un mes aproximadamente logo temos moito tempo para coñecer máis cousas del e ensinarlle os nosos costumes, a nosa terra e cultura.
Para contarlles isto aos outros nenos e nenas que participan neste proxecto fixemos o seguinte video que xa compartimos na nosa plataforma de eTwinning a través de “YouTube”. Mirade, así nos presentamos:
See you 🙂
este ano os nenos e nenas de Segundo de Primaria imos participar nun proxecto internacional a través do programa eTwinning da Comisión Educativa Europea. Antes de contarvos un pouco máis sobre este proxecto, imos ver un video que vos explica de que estamos a falar.
Qué é eTwinning?
Tal e como explica o video, eTwinning consiste nun intercambio de aprendizaxes entre diferentes países Europeos empregando como ferramenta as TIC. A través destas ferramentas, os nosos nenos e nenas compartirán vídeos, fotos, videoconferencias, emails e moito máis con outras escolas europeas.
O noso proxecto deste ano chámase “The five mascot-eers in a detective tour across Europe”. Neste proxecto cinco escolas de diferentes países europeos van intercambiar unha mascota durante todo o curso académico. Esta mascota irá acompañada dun diario-pasaporte con toda a información necesaria para viaxar por Europa. Cada mascota será un “detective” que terá que atopar algo que foi “roubado” en cada país e tratarán de “arrestar” aos cupables seguíndolles a pista por diferentes países. Antes de voltar ao seu país de orixe, os detectives atoparán o xoguete que “roubou”, algo de seu país, e voltarán con el arrestado.
A través do noso proxecto de intercambio de mascotas imos traballar os seguintes obxectivos:
- Empregar as habilidades comunicativas en inglés, tanto orais coma escritas, para intercambiar información con alumnado de diferentes países europeos.
- Producir textos sinxelos e breves sobre as aventuras da nosa mascota e da doutros en inglés, galego e castelán.
- Empregar diferentes software de imaxe e video.
- Usar as novas tecnoloxías para comunicarnos con nenos e nenas doutros países (chatrooms, Skype, Hangouts…).
- Valorar o uso do inglés como lingua vehicular entre países que teñen diferentes linguas.
- Coñecer e respectar a propia cultura e a doutros.
See you soon 🙂