Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Estamos emocionados. E-MO-CIO-NA-DOS

http://www.rtve.es/alacarta/videos/maneras-de-educar/

Que emoción!!!  Media hora de tele intensa e vibrante. Estes somos nós. Gravaron dous días, intensos e fantásticos, puidemos ver e facer tele en directo, canto aprendimos e gozamos. Temos un centro precioso e  un contorno privilexiado. Vese  a ilusión de nenas e nenos, a confianza das familias, o entusiasmo do profesorado e o resultado media hora que nos define, que explica quen somos, o que cremos, o que queremos  acadar, como traballamos e non recolle máis aló dun 10% do noso día a día.  Moitas grazas a todas e todos os que formamos a familia Galén.