A nosa Estadía de 3º de EP serviunos para aprender moitas cousas sobre a nosa contorna e para gozar da compañeiros e compañeiras nun ambiente diferente ao cotiá.
O primeiro día dedicámolo a comprender como son os cogomelos a a prender moitas curiosidades sobre os máis frecuentes no bosque.
Puxemos en práctica o aprendido coa saída ao bosque. Magoa que este ano por mor da seca non había moitos cogomelos, pero atopamos dous exemplares espectaculares: un de Amanita Muscaria e outro de BoletusCastaneus.
Pasámolo tan ben, que nos pareceu que pasara demasiado rápido. Foi xenial!!
Pola tarde dedicámonos a clasificar os cogomelos que recollemos e despois da merenda fixemos unhas madalenas con froitos de outono riquísimas.
Á noitiña fixemos xogos de medo e cousas que non se poden facer no cole cando estamos todos: entrar na cociña, subir e baixar no ascensor e moitas cousas máis que non vos podemos contar.
Ao día seguinte foi o día do bosque. Saímos a estudar as árbores da contorna. Logo tivemos que elixir unha árbore dentro do bosque que fora moi especial para nós. Namorarnos dela e adoptala por un ano.
Estudámola a fondo para coñecer a súa altura, o seu toro, as súas follas e os seus froitos. Sementamos un destes últimos e agora agardamos a que naza.
Ah!! Concienciados da necesidade de repoboar o bosques queimados sementamos landras e castañas para obter plantóns que transplantar en algún lugar.
Pola tarde fixemos unha xincana por equipos onde comprobamos a capacidade coa que percibimos a natureza a través do oído, o olfacto, do gusto, e do tacto. Decatámonos de que somos capaces de descubrir cousas incribles sen utilizar a vista. E gañamos o Carné do Naturalista de Trevia.
O terceiro día foi para estudar o medio fluvial. Viaxamos en bus ata o río Mandeo, en Coirós, cerca de Betanzos.
O día estivo fantástico para camiñar entre o bosque de ribeira que acompaña ao río Mandeo. Vimos diferentes árbores, fentos e algún cogomelo.
Foi un paseo relaxado nunha contorna moi fermosa. E despois, a sorpresa: O Parque do Pasatempo.
Pasámolo xenial.
Da gusto compartir estes días cos compañeiros e compañeiras e con profes novos.