Xa rematou a estadía de outono na que compartimos un tempo delicioso en contacto coa natureza.
Aprendemos de cogomelos e dos ecosistemas do bosque e fluvial.
Foron tres días intensos nos que aprendemos e gozamos.
Analizamos cogomelos de moitos tipos e observamos fascinados os debuxos que fan as súas esporas.
Observamos o bosque e cada un e una de nós adoptamos unha árbore. Comprometémonos a coidar dela ata que se poida transplantar nun lugar axeitado.
E no río aprendemos as especies animais e vexetais que viven na súa contorna.
Pero non todo foi traballar, tamén cociñamos, xogamos, puxemos a proba os nosos sentidos, fixemos festa e mesmo celebramos un aniversario.
Foron días inesquecibles. Xa forman parte do noso ser.