Rematamos a Estadía!! Foron tres días fantásticos. Vivimos a natureza do outono intensamente. Buscamos cogomelos e aprendemos moitas cousas sobre eles, visitamos a Aula de Natureza do Veral, atopamos tesouros agochados no bosque, adoptamos unha árbore e abrazámolas para sentir o que nos transmiten, fixemos obradoiros de cociña e un montón de cousas máis que nos fixeron gozar ao máximo en contacto coa natureza. Canto aprendemos!!!