Os rapaces e rapazas de 1 ESO iniciamos a nosa Estadía de Outono cunha visita a aula do mar situada no faro de Mera. Coa axuda de Isabel visitamos a aula e recibimos información sobre o entorno e o seu aproveitamento sostible. Desde a terraza da casa do fareiro disfrutamos dunha espectacular vista da Coruña e a ría.
Continuamos cun paseo polo monumento nacional costa de Dexo, nun percorrido a beira do mar para ver o porto de Dexo, a illa da Marola e as furnas formadas pola acción do mar. Tamén valoramos a flora e fauna da zona.
Despois de xantar no parque de Santa Clara en Mera regresamos o colexio para continuar a tarde cun obradoiro de fotografía.
O xoves esta un pouco chuvioso e despois dun bo almorzo e de ver un audiovisual sobre os cogumelos, saímos polo entorno do cole para poder observalas e recoller algúns exemplares.
Puidemos coller moitos e observar gran cantidade de setas aínda que poucas eran comestible.
Pola tarde fixemos xogos e despois un obradoiro de cociña no que nos ensinaron a cociñar setas que na cea poderemos degustar. Tamén fixemos tiro con arco.
No 3º dia de estadía levantámonos tarde, estabamos algo cansos despois da festa da noite
pasada. Logo de ver un audiovisual sobre o bosque no que analizamos a importancia de todos os elementos que constitúen e habitan nos nosos bosques, dedicamos o día a facer un traballo sobre o bosque no entorno próximo ao colexio.
Despois destes tres días tan intensos rematou a estadía, agora toca
descansar.