Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Estadía 1º ESO

As rapazas e rapaces de 1º ESO, como en anos anteriores, tivemos a oportunidade de gozar 3 días na Estadía de Outono da nosa Aula de Natureza Trevia.
As actividades estiveron dedicadas ao estudo dos cogumelos e do bosque, para os que aproveitamos o contorno do noso Cole. Tamén visitamos a aula do mar do Faro de Mera e fixemos un percorrido polo monumento natural da Costa de Dexo, preto da Coruña.
Este ano tivemos unha visita moi especial. Unha produtora de Televisión elixiu o noso Centro para facer un dos programa de “Maneras de Educar” de Televisión Española, que presenta James VanderLust.
O equipo de TV acompañounos na recollida e estudo dos cogumelos, nos obradoiros de cociña e de tiro con arco así como na festa nocturna na que degustamos as setas que cociñamos, comimos castañas, cantamos e bailamos.
Á mañá seguinte James veu espertarnos, aínda que temos que dicir que nós xa estabamos espertos. Fixemos de actores e interpretamos moi ben o noso papel.
Estamos desexando ver o programa que “Maneras de Educar” lle dedicará ao noso Cole.
Toda a Estadía foi unha experiencia moi gratificante.

EStadía 1ESO (19)