Estadía 1ºE. Primaria 2019
Os nenos e nenas de 1º de Primaria iniciamos a nosa Estadía de Outono cunha visita ao bosque onde puidemos investigar a cerca das nosas árbores, da grande variedade de cogomelos, da importancia de coidar o noso entorno e onde tivemos a sorte de atoparmos a muda dunha serpe, un niño, un cranio de xabaril e outro dun pequeno cervo, os cales levamos para investigar detidamente. Despois de xantar, puxemos en práctica todo o aprendido pola mañá no bosque a través dunha xincana que fixemos na carballeira por grupos e foi todo un éxito!! Continuamos cun obradoiro onde elaboramos unha roda coas cores cromáticas e tras a cea fixemos uns xogos antes de irmos a descansar para o día seguinte.
O martes, despois do almorzo, puxémonos en marcha e fomos visitar Avifauna, un parque zoolóxico situado en Outeiro de Rei, onde paseamos por un fermoso xardín botánico mentres que íamos vendo e coñecendo una grande variedade de aves dos 5 continentes, moitas de elas en perigo de extinción e outras acollidas por ser atopadas en malas condicións. Ao finalizar a nosa visita en Avifauna, xantamos en Pena de Rodas e xogamos correndo e trepando polas penas que alí había. Á nosa chegada ao Centro, demos un paseo polo bosque na procura de amorodos, pero debido ao tempo que tivemos case non atopamos ningún… e á volta, tivemos un obradoiro de cociña onde preparamos a nosa sobremesa para a cea, e a verdade é que nos saíu deliciosa!! Rematada a cea, saímos ao son das gaitas onde bailamos e brincamos ao redor dunha fogueira. Acabamos o día baldados!!!
No noso último día de estadía, estábamos xa moi cansos e fixemos una posta en común de todo a aprendido e unhas actividades relacionadas có bosque. Tras xantar e xogar, á tarde despedímonos para volver as nosas casas, tras tres días estamos exhaustos e necesitamos descansar un pouco.