Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

TIC

En Galén empregamos as TIC como un instrumento cognitivo potenciador das nosas capacidades e que permite desenvolver novas formas de pensar, pero tamén busca que os alumnos e alumnas adquiran as capacidades necesarias para afrontar ese uso “imprescindible” das TIC na súa vida diaria, comezando xa desde as primeiras etapas educativas coa introdución de pizarras dixitais nas aulas.

Xunto coas pizarras dixitais, o centro dispón dunha aula de informática aberta, de canóns de vídeo  e conexión a internet, por cable e wifi.

Seguindo a liña marcada no uso das TIC, o centro potencia a páxina web como medio de comunicación coas familias e co alumnado, nela pódense consultar dende datas de exames e as actividades e traballos realizados no centro, ata as viaxes de estudo realizadas.

Tamén se traballa a creatividade do noso alumnado por mediación das TIC, motivándoos na realización de anuncios publicitarios, blogs persoais ou deseñando curtos mediante o uso dun software educativo especializado.

Ademais, o noso alumnado elabora aplicacións para Android que sobe ao Play Store, poñendo a disposición da comunidade o traballo realizado facendo uso das novas tecnoloxías.