Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

En contacto coa Natureza

Como xa sabedes, unha das características de Galén Nursery School é o contacto diario coa natureza, a aprendizaxe no medio natural.  A través do xogo libre no bosque, dos traballos diarios na horta, da observación dos elementos naturais e das vivencias en contacto coa terra, a auga, a herba, os seres vivos que atopamos no bosque….. favorecemos o noso desenvolvemento cognitivo, a capacidade de razonamento e a creatividade.

Por iso, todos os días coas nosas botas e pantalóns de augas  saímos a gozar do noso marabilloso contorno a xogar, a facer música, a ler contos, a buscar tesouriños que a natureza nos agasalla….  Mirade mirade:

NA CARBALLEIRA
NA CARBALLEIRA 4
NA CARBALLEIRA 3
NA CARBALLEIRA 2