Ola a todos e todas!!!
Fai uns días estivo compartindo cos Dragóns un anaquiño a nai de Xabi, Nuria.
Contounos un montón de cousas sobre as tartarugas:…como nacen, que comen, as súas partes,…. Descubrimos que hai moitas tartarugas diferentes e que hai tres tipos: de terra, de auga, e as mariñas. Estivemos moi atentos a todo o que Nuria dicia e gozamos moito de todo o aprendido. Ensinounos diferentes tartarugas nunha presentación que puidemos ver no ordenador xigante.
O que máis nos gustou foi poder tocar e ver o caparazón e o peto dunha tartaruga boba e os esqueletes de outras dúas tartarugas máis pequerrechas. Puidemos ver os seus ósos e como son por dentro. Ademais Nuria trouxo unha tartaruga disecada que parecía que ía camiñar en calquer instante… Non sabedes o moito que gozamos de tantas cousas que poder ver e sentir coas nosas propias mans.
E para que seguiramos investigando deixounos moitas fotografías de tartarugas coas que estamos a facer un precioso mural que pronto veredes.
Cantas emocións e que ben o pasamos!!
Moitas grazas Nuria por preparar tanto a túa colaboración e por pasar un ratiño con nós.
E aos demais papas e mamas…… xa sabedes esperámosvos para compartir xuntos calquer actividade porque o importante é compartir un anaquiño de día xuntos no cole. Agardámosvos