Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Aldeanova, inesquecible!

Xa desta hora estamos todos nas nosas casiñas, descansando e aproveitando o tempo para os mimiños da familia pero….como hoxe foi igualmente un día cheo de vivencias non queremos deixar pasar moito tempo para contárvolo, e aquí vai o resumo do día de hoxe, último pero non por iso menos intenso en Aldeanova.

Hoxe costounos un chisco máis erguernos. Aínda que durmimos toda a noite de un tirón, onte o día fora tan emocionante e atarefado que estabamos cansas e cansos. Ademais onte á noite foi o día da Festa para a que nos enfeitamos coas nosas mellores galas: uns disfrazados e outros con aquela roupa que nós consideramos elegante e axeitada para a ocasión. Tivemos unha cea especial: hamburguesa caseira da marabillosa cociñeira María que nos coidou moito e moi ben nestes tres días preparando para nós deliciosas comidas e atendéndonos con moito moito cariño e sensibilidade. Grazas María!!

Pois ben, despois da hambuguesa pois….chuches!!! Que é unha festa sen este elemento esencial??? acompañado dun refresco festivo que oimos dicir que se chamaba Champín!!.  Coa barriga ben chea e con moita moita enerxía dirixímonos á sala de baile. As monitoras Pepa e Laura puxéronnos música e compartimos momentos de baile do máis divertidos (hai poucas fotos pero a pouca luz non permitiu máis nin de mellor callidade)
festa

Pola mañá, despois do almorzo e aseo calzamos as nosas botas de auga e..mans á obra! tempo de limpar as cortes e alimentar aos animaliños: o burro, as cobaias, a familia de cabras, ás ovellas,  á cochiña e por suposto aos nosos amigos especiais os ponis e cabalos, especialmente a Vilma que nos paseou onte con tanta delicadeza. Xa vedes nas fotos que con só dous días convertémonos en expertos granxeiros e granxeiras que dominabamos as técnicas máis complexas de manexo de carretilla, de angazo, recollida de auga, selección do alimento máis axeitado a cada especie….. Unha experiencia fantástica!!
animais 2
animais3animais4

Como o de montar a Vilma nos gustara tanto e xa o tiñamos dominado quixemos superar un reto maior e….montamos a Pirata, un cabalo e polo tanto…máis alto e grandote. Todos e todas conseguimos darnos un paseíño e subirnos alá arriba….incluída Mila!!! Foi guai!
pirata
Como queriamos aproveitar ben a mañá, despois dun pequeno descanso probamos os xogos tradicionais: a ra, a chave, os zancos, o trompo, o aro…..
xogos tradicionais
mais….como o sol apretaba, marchamos a unhas sombriñas a facer un obradoiro de construcción de barquiños con cácaras de noz e corchos de botella. O proceso de elaboración foi moi interesante pero o que máis nos gustou foi comprobar como flotaban.
barquiños1
barquiños2barquiños3

Chegou pronto o tempo do xantar, de novo preparado co mimo de María,  e despois dun chisco de tempo de xogo e recoller as maletas….rumbo ás nosas casiñas para contar (ou non, xa sabedes ás veces non se consigue contar todo) coas nosas maletas cheas de bos momentos, emocións, diversión e moita moita natureza vivida!!

Grazas a todo o persoal de Aldeanova e biquiños especiais para María, Laura, Bego, Pedro e Alain que foron os nosos monitores e monitoras e nos acompañaron nesta aventura inesquecible. Grazas familias por estar aí e compartir con nós estes momentos especiais. Bicazos e …a descansar!!!!

Bicos

Ola de novo dende Aldeanova!!!

xa sabemos que estades desexosas de saber en que andamos argallando non???

Primeiro de nada explicarvos que onte non tivemos rede ata moi tarde. De aí a nosa demora en publicar noticias. Hoxe imos compensarvos e….aquí nos tendes.
almorzo 1

Despois dunha noite reparadora na que todos e todas durmimos dende aprox as 23 ata esta mañá ás 08, almorzamos galletas, leite, zume, magdalenas, cereais….ummmmm que rico estaba todo.
Pois coas pilas ben cargadas dirixímonos cara as casiñas dos animais para as tarefas de coidado diario. Estivemos coa porca celta, o burro, as cabritiñas, as pitas….. dándolles de comer e limpandolles as súas cortes.
coidado animais1

E chegou un dos momentos máis esperados….os cabalos e ponis!!!! Como primeira toma de contacto as nosas monitoras escolleron a unha poni femia, xa  case avoíña (soubémolo porque os dentes son grandes e amarelos). Quizais mañá poidamos facer o mesmo pero coa egua…..

Aprendemos a peitearlle as crinas, cepillámola, démoslle masaxes para que  así estivese lista e con ganas de pasearnos.
peiteado1
peiteado2

E aqui nos vedes…sen palabras, foi moi emocionante para nós.
monta5
monta4
monta3
monta2
Tamén pola mañá xogamos a castrexas e castrexos. Descubrimos a súa forma de vivir nos castros e….que mellor para aprender que vivencialo: cazadores, pescadores, druítdas, recolectores…..Un xogo máis que divertido.
<https://www.flickr.com/photos/93505666@N05/26812316083/in/dateposted-public/” title=”castrexos”>castrexos

Xantamos, descansamos un chisco no fermoso espazo rodeados   de natureza, soliño e boa compaña, xogamos con Dana a cadeliña bebé que hoxe veu a compartir o día con nós e  reanudamos as actividades con dous monitores que nos levaron de viaxe …polo espazo!!!  no planetario e co telescopio.

Ademais descubrimos o mundo ben organizado das abellas e Pedro axudounos a vestirnos co traxe especial “antipicaduras” para ilas visitar ás colmeas, a súa casiña, onde fan o rico mel que despois estivemosa catar…mmmmm. Para rematar no espazo deapicultura  fixemos un obradoiro de velas coa cera que amablemente nos cederon estes animaliños taaaan necesarios para a nosa supervivencia no planeta.
apicultura1>apicultura2
apicultura3
apicultura4

Agora quédanos a merenda, a cea, a ducha e…..a FESTIÑA!!! que estamos todos e  todas esperando con ansia.

Como o tempo aquí escapa dunha maneira alucinante e queremos vivilo todo moi intensamente, despedímonos xa ata mañá e mandamos moitas apertas e bicos fortes ás nosas familias. Estamos a pasalo realmente ben!!!

MUAKSSSSS

 

Ola!!!

Xa estamos en Aldea Nova despois dun intenso día de praia no que xogamos coa area, coa auga,…..

Duchámonos , ceamos e coñecimos os espazos onde imos estar estos días. Cómo nos gustou!!!!!

Pasámolo xenial. Tivemos un día de moito sol e calor na praia. Gozamos emormemente sobre todo do baño e tamén tivemos tempo para comer xeados e xogar moito.

xogamos

Bañámonos

comendo xeados

Mañá vos contaremos moitas máis cousiñas…..

Bicos mil!!!