Cada 5 de xuño, Galén se viste de festa para o Día do Medio Ambiente.
O Día Mundial do Medio Ambiente é, sobre todo, un encontro a nivel mundial para inspirar un cambio positivo, e baséase no precepto de que un cambio global require dunha comunidade global.
Para nós o día, en si mesmo, é un momento de ledicia, de encontros, de compartir o aprendido sobre o planeta, ao longo do tempo. Mostramos os nosos descubrimentos e, a través de diferentes actividades e intervencións, convidámosvos a compartir con nós todo o aprendido.
Este ano foi diferente. Aínda que desde a distancia, sentímonos igualmente conectados, dese xeito o desexo de compartir olladas e emocións continuou dentro de nós, como Galén, sen perder a nosa esencia.
En 2020 o tema proposto pola ONU foi a biodiversidade. Sucesos recentes, como os incendios forestais sen precedentes en Brasil, California e Australia, a invasión de lagostas no Corno de África e agora a pandemia de COVID-19, demostran a relación inextricable entre os humanos e as redes da vida nas que vivimos. A natureza está a enviarnos unha mensaxe.
Nós quixemos, despois de varias semanas confinados, que esta fora unha ocasión para compartir biodiversidade. Compartir espazos na Natureza que nos completan, lugares que despois de tanto tempo percibimos cunha conexión emocional que nos revela a importancia de ser dentro do planeta. Actuacións que levamos a cabo por que sabemos que ese é o camiño. Seres vivos que nos rodean e que cada día nos fan máis felices.
Deixámosvos o vídeo nos que se relevan aqueles entorno naturais, aquelas accións de cambio e aqueles animais que son moito máis que mascotas.