Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

DÍA DO MEDIO AMBIENTE 5 DE XUÑO 2023

O Seminario de Ciencias do Centro Educativo Galén organiza a partir das 12 da mañá unha serie de ponencias que acollerá a presenza de 4 expertos en enerxías renovables e vivendas eficientes dirixida ao alumnado de Secundaria e Bacharelato.

Adolfo Montero Ramos “Vivendas sustentable e de consumo case nulo”

Director técnico de Maderas Besteiro.

Arquitecto Técnico e Máster en Inxeniería da Madeira Estructural.

Laura Aldariz Muinelo.“Introdución ás enerxías renovables e ao aforro enerxético”

Xerente e Técnica de enerxías renovables en Tecgal Enerxías S.L.

Enxeñeira Técnica Agrícola.

Amparo Obarrio Campos. “Que é o autoconsumo fotovoltaico e como inflúe no coidado do Medio Ambiente”

Responsable de proxectos no grupo Norvento Enerxía.

Enxeñeira Técnica Industrial na intensificación de Centrais e Redes.

Juan Castro-Gil Amigo. “Oportunidade profesional arredor das enerxías renovables”

Avogado especializado no sector eléctrico, especialmente en tecnoloxías renovables. Secretario Nacional da Asociación Nacional de Produtores e Investidores de Enerxía Fotovoltaica (ANPIER). Socio cofundador da Asociación Española de Dereito da Enerxía (AEDEN). Vicepresidente da Fundación Renovables e a  CEO de GABA ENERGÍA.

 

A partir das 15.30,  Juan Castro-Gil Amigo, Amparo Obarrio Campos, Laura Aldariz Muinelo e Adolfo Montero Ramos  conversarán sobre  sobre o AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NO ÁMBITO DOMÉSTICO nunha mesa redonda moderada polo Seminario de Ciencias do centro  unha mesa redonda. Esta actividade está aberta ás familias e ao público en xeral.

Ao longo da mañá do luns, os/as alumnos/as de Bioloxía e Cultura Científica de 1º BAC guiarán ao alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria a través da exposición “ A Cultura Oceánica” para comprender a influencia do océano nas persoas e a influencia que teñen as persoas sobre o océano. Sentir a relación mutua ser humano-mar.