Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Día do Medio Ambiente

O 5 de xuño, no día do Medio Ambiente, en Galén estivemos a compartir
o aprendido sobre os residuos ao longo deste curso.

Foi unha xornada festiva na que gozamos co traballo de todo o alumnado
desde a espectáculo “Mar de plástico” creado polo alumnado de 4º ESO ata
a Feira de ecoinventos na que participaron todos os vosos fillos e
fillas.

Coa exposición fotográfica ” Vivámolo eco” tivemos a oportunidade para
revivir a experiencia de recuperación dos bosques do día 23 de marzo, na
que unha parte moi importante de vós vinculástesvos nunha xornada de
acción para a sustentabilidade coa limpeza dos vertedoiros incontrolados
da contorna.

Moitas grazas polo voso compromiso!

WhatsApp Image 2019-06-06 at 16.41.16