Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Día do libro

Ola familias!!

Hoxe queremos compartir con vos o Día do libro que celebramos o pasado venres!!! Cos libros e  contos  viaxamos, aprendemos, xogamos,…..O 23 de abril é un dos días  que máis nos gustan e no cole temos moitas actividades .

Ao longo destes días compartimos cos nenos e nenas da nosa clase o noso libro favorito e preparamos un marca páxinas para non perder o fio dos contos porque xa medramos moito e podemos leer contos cada vez máis longos!!

Intercambiamos libros e fíxonos moita ilusión levar un novo libro para a casa e saimos ao bosque a ler !! Foi marabilloso!!! Que ben o pasamos!!

 

 

 

Temos preparados libros viaxeiros e moito máis que xa vos contaremos….

Ata entón…. Bicos mil!!!!