Siii siiiii, os nenos e nenas de 1º e 2º de Infantil estamos na praia!!!!
Hoxe está a ser un día moi moi especial para os nenos e nenas da Clase dos Dragóns pois estamos a vivir, con moita intensidade, o que para moitos de nós é a primeira viaxe de máis de un día sen as nosas familias. Hoxe temos día de praia e pola noite quedamos a durmir coas nosas profes e compañeiras/os en tendas de campaña!!! Agárdannos unha chea de sorpresas e personaxes cos que adentrarnos no mundo da fantasía xogando aos Indios.
Irémosvos contando ao longo do día. Estade atentas e atentos á páxina, nesta entrada iremos actualizando as novidades e algunhas fotiños desta nosa aventura.
Polo momento contarvos que nos despedimos das nosas familias coas emocións a flor de pel (nenos e grandes jeje) e a ilusión por chegar ao mar fixo que a viaxe se fixese levadeira.
Almorzamos ao chegar e…….directos á area a xogar!!! Fai un día estupendo, o sol acompáñanos e…quizais máis tarde vaiamos facer unha visita á auguiña do mar….xa se verá.
Aquí algunhas fotiños de esta mañá.
Bicos a todos pero especiais para as familias!!!!!
Ola de novo!!!
Informamos que xa chegamos ao cole de volta da praia. Pasámolo xenial!!
Tivemos ocasión de darnos varios baños e….gozámolo moito!!
e para rematar a xornada de area, auga e sol….nada mellor que un xeadiño refrescante.
No bus de volta descansamos un chiscoooooo….e ata durmimos unha pequena sestiña que nos dá forzas para afrontar as moitas sorpresas que nos agardan na carballeira e a festiña da noite.
Se cadra ata mañá non poderemos colgar máis novas….se temos un anaquiño intentámolo e se non…pois mañá pola mañá.
Estade atentas familias!!!
Ola bo día!!!
primeiro de todo contarvos que como onte pola tardiña e noite vivimos taaantas emocións non tivemos nin un anaquiño para podervos contar aquí as novidades do serán.
Chegamos de “Mar Calmoso” preto das 19:00 e, coas pilas un chisco cargadas da sestiña no bus, fomos a merendar ao “Campamento Wapetón” onde descubrimos…..uns auténticos tipis e….un Indio que durmía dentro dun deles!!!
Despois apareceu unha personaxe chorando….unha nena que quería converterse en India e á que, por suposto, o indio “Big Heart” axudoulle a transformarse: a roupa, o colar, o bolsiño, o grito indio, a pintura da cara e…a danza da chuvia!!!
E nós axudámoslle tamén para despois xogar no campamento ás agachadas un ratiño. Foi moi divertido!!
Chegou o momento da ducha, poñer o pixama e….cear para coller folgos para a velada e o lume de campamento que nos agardaba fóra.
E que sería dunha festa sen música non??? Apareceron gaiteiras, acordeonistas e percusionistas cos que bailamos e cantamos ata…..o momento de durmir!!!
Durmimos moi ben e moi agustiño nas nosas tendas acompañadas de Carmen, Selene e Catuxa. Para moitos foi doado coller o sono, outros tivemos que adaptarnos á nova situación un pedaciño (o saco, os sons do bosque e animaliños nocturnos….) e outros botamos un chisco de menos ás nosas familias…. mais, en todos nós apareceu enseguida Pedro chosco e durmimos ata as 08:00 que espertamos con fame e ganas de seguir xogando.
Agora mesmo estamos nos obradoiros indios e quedan aínda algunhas sorpresas e personaxes que aparecer para despois xantar e descansar un pedaciño e……regresar ás nosas casiñas con moito moito que contar sobre o vivido e sentido nestes dous intensos días cos nosos compis e profes.
Vémonos enseguida!!! mentres….a pasalo ben!!!!
Bicazos familias.